domingo, 7 de febrero de 2016

MARÍA VIRXE DO CARME

Cando era pequeniño, e amáis máis grande que agora,
cando empezaba a vivir e mais tamén a morrer,
fai uns 35 verans,
coñecín unha muller que tiña un ano máis que min (17),
a máis fermosa do mundo,  coñecido e por coñecer,
era bonitiña afeito, ¡éravos moita muller!;
íntegra por fora e por dentro,
inconmensurable persoa fermosa inconmensurable!
Era unha deusa perfecta, non tiña ningún defecto;
o defecto está en non saber describila,
en non a poder coñecer.
Chamábase María, ¡como se iba a chamar!,
María virxe do Carme, con apelidos galegos
que falaban de moitos biquiños e das prantas
virxes  das  aldeas da nosa terra.
Se eu soubera falar, se eu soubera escribir,
¡canto diría dela!, faríalle unha poesía
coma unha cestiña a unha boneca;
ninguén deste mundo pode,
porque fai falta unha poesía do ceo
para non faltar a verdade con esta deusa,
muller, persoa e femia,
tan riquiña, tan fermosa,
sin ninguna poesía, e con unha soa palabra,
¡PERFECTA!